É de pequenos

6 02 2013
  • É de pequenos, eso lelo meu ermao que ten tres anos, esto xa nun lo cre naide… y así repítense frase tras de frase, tantas como alumnos hai nel aula, as afirmacióis que confirman lo grandes que son xa os mozos que van al instituto. Esqueiceyes, eso sí, que condo el texto nun dice por ningún lao d’unde ta sacao, condo os mitos se estragayan polas foyas dos deberes sin dibuxos infantiles ou referencias a un pasao que nun yes queda tan lonxe como sinten, entoncias Xunta de mitos sigue trunfando como el primeiro día.

  • Y foi na noite máxica por escelencia, na festa del sol, na festa das fogueiras, na gran festa del ano, na qu’el sol beila y a luz trunfa sobre el escuridá y a noite, na que salen as encantadas y podes namoralas y rescatalas del poder que las ten apresas, na noite na que se pode vencer al cuélebre; foi nesa noite especial condo os mitos astures decidiron axuntarse y falar de lo que yes taba pasando. Foron os homes maríos os que primeiro pensaron nesa idea y dende as fondas salas da súa Cova sin Fin, na praya da Ribeiría, amañaron de cavilar sobre el xeito de fer aquelo que nunca se fixera, pensando que por muito qu’organizasen ben as cousas iban ter muitos fallos y qu’a bon seguro que daquén yes quedaría sin avisar, ou anque lo avisasen, a súa manera de ser ancestral, a súa introversión milenaria, queimaría a posibilidá d’acudir á xunta ou, simplemente, anque tuvesen presentes, iban siguir sin axudar a amañar pra ben a súa delicada situación. Primeiro tían qu’avisar a todo el mundo, a todo el mundo dos mitos astures, claro: peró ademáis de chamalos, había que convencelos da necesidá de tratar as cousas que los taban perjudicando, que los taban anulando dafeito. Y nun iba ser fácil, máis ben todo lo contrario, iba ser condenadamente difícil. Os homes maríos sentían dende había muito tempo que xa nun valían pra nada. Tían por dentro a sensación de ser us inútiles, esqueiceran cóndo fora el última vez que daquén los chamara ou los provocara col daye-daye da dichosa copla: “Home marín, home marín, sale da cova y cómeme a min…” Nadie yes tía medo, nadie los quería pra nada, nin pra ben para mal; a os nenos dos marineiros da terra na que vivían, deixaran de falaryes d’elos, deixaran de meteryes medo con elos. Tuveron noticias de qu’a os outros mitos da contornada pasábayes outro tanto de lo mesmo. As serenas, os pataricos, os encantos d’Andía, as encantadas da Peneirada y de Porcía, taban igual qu’elos d’esqueicidos y abandonaos del calor da xente; os humanos deixaron de sintilos, de querelos, de telos presentes, y os nosos mitos pasaron al máis oscuro anonimato. Y os homes maríos, nos sous nerviosos paseos pola súa morada, solos, cavilando y luitando dende tampo contra el deseo de desaparecer pra sempre y perderse nas fonduras del mar, metidos en covas escuras, argayaron el idea da dichosa xunta. Tían que verse todos os mitos ou el mayor númaro d’elos pra tentar de buscarye úa solución á súa moura situación.a
  • Por eso a lo largo del curso prometemos algúa sorpresía tomando el texto qu’acabo de poñer como referencia. Nun podo decir máis. Quen quira saber, deixe as cousas enveyecer.

Acciones

Informaciones

Enviar un comentario


*
Para demostrar que eres un usuario (no un script de spam), introduce la palabra de seguridad mostrada en la imagen.
Anti-Spam Image