Mª José Fraga

 

 

PARZAMIQUE DOS NAMORAOS

(Ella) Vou amañarche un aniyo
feito de cerco lluar,
pra que podas, cuas túas maos,
fer lluz da mía escuridá.

(Él) Vou trenzarche úa pulseira
de rayolas y cristal.
Y llougo el arco da veya
voucho poñer de collar.

(Ella) Vou ferche un traxe á midida
con foyas del bidural,
us béillaros, os botóis,
y el forro, mofo y reigás.

(Él) Hei de coserche un vistido
cortado d’augua de mar,
cuas ondas como volantes
y cinto d’ouca y sedal.

(Ella) Quén me dese, nel caldello,
na túa solombra aveirar.
Como llámpara, apegada,
nas túas costas recalar.

(Él) Quero amasarte en farina,
que señas toda de pan
pra comerte a bocadíos;
llougo, volverte amasar.

Enviar un comentario


*
Para demostrar que eres un usuario (no un script de spam), introduce la palabra de seguridad mostrada en la imagen.
Anti-Spam Image