Habemus novelam

5 03 2013
  • Ou lo que ven sendo lo mesmo: temos novela nova. Xa saliu del forno Vida Maleva, el último trabayo d’Arturo Álvarez Fernández, Tangueiro. Hasta agora nun é muito lo que podemos contar, aga que se presenta el venres 15 de marzo, as oito da tardía, na biblioteca das Figueiras.

  • Vida maleva narra as aventuras de Tiana, úa moza asturiana qu’emigra a Buenos Aires antias da I Guerra Mundial. Alí vese envolta núa vida chía de peligros, gansters y conspiracióis políticas mentras alredor andan personaxes como Carlos Gardel, Goering o Julio “El As de los Guapos”, un asturiano que reina nel submundo bonaerense y que ta basao nun personaxe de verdá.


El arco da veya y el lluceiro del ouro

28 02 2013
  • Y é qu’en Andía, unde As Covas, haiche muitas hestorias máxicas y d’encantamentos. Na que ye chaman Pena da Llamúa, unde se subía a xente hasta nun hai muito pañar el mel tan bon que fain allí as abeyas, dicen qu’hai tres homes que tein ouro a feixes. Úa vez, a úa muyer, pasóuye allí un hestoria que la deixóu apanxolada por muito tempo. Foi asina: taba allindando el única vaca que tía a probe muyer y entrementres, un home que nun conocía véuseye al pé y díxoye que quería comprarye a vaca. A muyer nun quixo, porque era probe y a vaca era lo único que ye quedaba. Entonces negábase porque si se desfía d’ella nun iba ter un goto de lleite que daryes a os nenos. Peró aquel home tía muito interés polla  súa vaca y entonces, sacóu del peto trenta monedas d’ouro, y espetóuye á muyer:
  • -¿Terá abondo con esto?

  • A muyer quedóu azoquiada al ver cómo brillaba tanta moneda xunta, asina que, algo aldromeira como era, nun dudóu y deuye a vaca. Peró más tarde reparóu en que quedaba sin lleite y entróuye muita pena por vender a vaca, asina que someiría y con muito cuida, foi detrás seguindo al comprador hasta que lo víu chegar al pé da Pena Llámua. Tando allí, quedóu que si la cortan nun sangra, apampanada y coa boca aberta condo puido ver cos sous mesmos oyos cómo a pena se xebraba en dúas y pasaban pra dentro el home y a vaca.

a

  • Pra poder ller más contos d’estos, na biblioteca tedes Noite d’hestoiras. Augua, aire, terra y llume nel Navia-Porcía.


É de pequenos

6 02 2013
  • É de pequenos, eso lelo meu ermao que ten tres anos, esto xa nun lo cre naide… y así repítense frase tras de frase, tantas como alumnos hai nel aula, as afirmacióis que confirman lo grandes que son xa os mozos que van al instituto. Esqueiceyes, eso sí, que condo el texto nun dice por ningún lao d’unde ta sacao, condo os mitos se estragayan polas foyas dos deberes sin dibuxos infantiles ou referencias a un pasao que nun yes queda tan lonxe como sinten, entoncias Xunta de mitos sigue trunfando como el primeiro día.

  • Y foi na noite máxica por escelencia, na festa del sol, na festa das fogueiras, na gran festa del ano, na qu’el sol beila y a luz trunfa sobre el escuridá y a noite, na que salen as encantadas y podes namoralas y rescatalas del poder que las ten apresas, na noite na que se pode vencer al cuélebre; foi nesa noite especial condo os mitos astures decidiron axuntarse y falar de lo que yes taba pasando. Foron os homes maríos os que primeiro pensaron nesa idea y dende as fondas salas da súa Cova sin Fin, na praya da Ribeiría, amañaron de cavilar sobre el xeito de fer aquelo que nunca se fixera, pensando que por muito qu’organizasen ben as cousas iban ter muitos fallos y qu’a bon seguro que daquén yes quedaría sin avisar, ou anque lo avisasen, a súa manera de ser ancestral, a súa introversión milenaria, queimaría a posibilidá d’acudir á xunta ou, simplemente, anque tuvesen presentes, iban siguir sin axudar a amañar pra ben a súa delicada situación. Primeiro tían qu’avisar a todo el mundo, a todo el mundo dos mitos astures, claro: peró ademáis de chamalos, había que convencelos da necesidá de tratar as cousas que los taban perjudicando, que los taban anulando dafeito. Y nun iba ser fácil, máis ben todo lo contrario, iba ser condenadamente difícil. Os homes maríos sentían dende había muito tempo que xa nun valían pra nada. Tían por dentro a sensación de ser us inútiles, esqueiceran cóndo fora el última vez que daquén los chamara ou los provocara col daye-daye da dichosa copla: “Home marín, home marín, sale da cova y cómeme a min…”

Leer más »



Antias como enguano

7 01 2013
  • Acabo de reparar en que, nel apartao dedicao á Literatura nun temos más que poemas. Vamos empezar el ano con prosa. Y penso que  naide miyor que Galano pra felo. Aquí tedes un pedacín de Vento d’outono, úa visión da Tapia a que volveremos mañá.

  • Ún nun pode menos qu’imaxinarse aquelos tempos y el Tapia d’aquel final de siglo unde seguro que chamaba el atención el cambio urbanístico qu’a vila esperimentara cua construcción, ademáis del porto, dos tres grandes edificios -el Instituto, el Ayuntamento y as Escolas- obra del gran benefactor local D. Fernando Fernández-Casariego y Rodríguez-Trelles, que, xunto cua praza del mercado y a nova igresia que se taba erguendo, ye daban outra panorámica na qu’a nota alegre poñeríanla os estudiantes del Instituto de Segunda Enseñanza -en búa parte de fora-, pois era entonces el único en muitas leugas á redonda.